Naturgy ofrece aprazar as facturas para suavizar a crise ocasionada polo coronavirus

A compañía calcula que poderán beneficiarse da iniciativa máis de 327.000 usuarios
Sede de Naturgy en Madrid. NATURGY
photo_camera Sede de Naturgy en Madrid. NATURGY

Naturgy aprazará e financiará as facturas de luz, gas e outros servizos aos seus clientes domésticos en Galicia co obxectivo de mitigar os efectos da crise provocada pola covid-19. A compañía estima que máis de 327.000 usuarios poderían beneficiarse desta iniciativa. 

A empresa enerxética mantén tamén, segundo informou nun comunicado, o servizo de atención médica gratuíta mediante videollamada, de forma que os seus clientes poidan realizar consultas de saúde sen necesidade de saír de casa. 

Os interesados poderán rexistrar, a partir do 16 de novembro e a través da web www.naturgy.es, as facturas, que se poderán aprazar serán desde esta data ata 31 de xaneiro do 2021. 

Naturgy aprazará o pago destas facturas durante estes meses e financiará aos seus clientes a 12 meses sen intereses, a partir do mes de febreiro de 2021. 

Respecto da asistencia médica telemática, os usuarios deberán rexistrarse na súa área privada na web da compañía para gozar do servizo. As consultas poden realizarse todos os días da semana, as 24 horas, mediante chamada telefónica, páxina web ou aplicación online. 

Esta iniciativa, de apoio económico e social, xa se activou durante a primeira onda da pandemia. A este respecto, o presidente de Naturgy, Francisco Reynés, subliña: "Os efectos da pandemia están a deixarse notar de novo na economía familiar. Todos debemos contribuír tanto na xestión da pandemia como no aspecto económico das familias e empresas e tecido produtivo do país.

O noso compromiso social é firme: seguiremos facéndoo mentres continúe a crise". 

Comentarios