Negrito, primeiro caso dun gato infectado por coronavirus en España

É o sexto caso do que se ten constancia en todo o mundo â?? O animal, xa falecido, padecía unha enfermidade cardíaca
Un gato. EP
photo_camera Un gato. EP

Investigadores do Centro de Investigación en Sanidade Animal (CReSA, nas súas siglas en catalán) detectaron o primeiro gato infectado por coronavirus de España, o sexto en todo o mundo.

O gato, de nome Negrito e que xa faleceu, vivía cunha familia con diversas persoas afectadas pola covid-19 en Cataluña e padecía unha enfermidade cardíaca.

O investigador do Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias do CReSA, Joaquím Segalés, afirmou que "a cadea de transmisión dos virus prodúcese das persoas cara aos gatos, e estes son as vítimas colaterais da enfermidade nos humanos".

Comentarios