Nick Carter, de Backstreet Boys, investigado por unha suposta violación

En novembro do ano pasado a cantante Melissa Schuman, exintegrante do conxunto Dream, xa sorprendeu ao acusar publicamente ao artista de abusar dela

Nick Carter. AEP
photo_camera Nick Carter. AEP

Nick Carter, membro da banda musical Backstreet Boys, é investigado pola oficina do fiscal de distrito do condado de Los Ángeles por unha suposta violación. O caso foi presentado polo Departamento de Policía de Santa Mónica, despois de que se redactase un informe policial contra o artista o pasado mes de febreiro.

As autoridades non confirmaron a identidade da persoa que interpuxo a querela, pero especificaron que o caso está a ser supervisado polo departamento de investigacións criminais.

En novembro do ano pasado a cantante Melissa Schuman, exintegrante do conxunto Dream, sorprendeu ao acusar publicamente a Carter de habela violado. Nunha longa e detallada publicación no seu blogue persoal, Schuman asegurou que foi violada por Carter cando ela tiña 18 anos e el 22.

"Estou impactado e triste polas acusacións de Schuman. Melissa nunca me dixo cando estivemos xuntos ou en calquera momento desde entón que o que fixemos non foi consentido", dixo entón Carter nun comunicado dirixido á revista People. O cantante explicou que os dous gravaron unha canción e actuaron xuntos, e defendeu que sempre foi "respectuoso" e "comprensivo" con ela, "tanto persoal como profesionalmente".

"Esta é a primeira vez que escoito estas acusacións, case dúas décadas despois", sinalou Carter, quen asegurou que causar dano ou malestar en alguén de xeito intencional vai en contra da súa forma de ser. Tras a suposta agresión sexual, a cantante tratou de denunciar o sucedido e falou coa súa manager, pero finalmente decidiron non seguir adiante por cuestións de diñeiro e medios, xa que Carter "tiña o avogado litigante máis poderoso do país". 

guir adiante por cuestións de diñeiro e medios, xa que Carter "tiña ao avogado litigante máis poderoso do país". 

Comentarios