Nicolás Maduro rexeita o "show" da axuda humanitaria

Denuncia o bloqueo de case "10.000 millóns de dólares" 

Nicolás Maduro, en una rueda de prensa este viernes en el Palacio de Miraflores. EFE
photo_camera Nicolás Maduro, en una rueda de prensa este viernes en el Palacio de Miraflores. EFE

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, advertiu de que o seu Goberno "non vai permitir o show da axuda humanitaria falsa" e emprazou á comunidade internacional a optar, en cambio, por desbloquear os "case 10.000 millóns de dólares" que terían "bloqueados" ao réxime chavista. 

"Venezuela non vai permitir o show da axuda humanitaria falsa porque non somos esmoleiros de ninguén", afirmou durante unha rolda de prensa na que defendeu a "capacidade" do seu Executivo para dar comida, atención sanitaria, vivenda e emprego á cidadanía. 

Neste sentido, afirmou que en Venezuela non existe "ningunha crise humanitaria" e que esta é "fabricada" desde Estados Unidos para xustificar a "intervención", da que considera cómplice á oposición venezolana. "Se queren axudar a Venezuela, liberen o diñeiro que nos teñen bloqueado. é un xogo macabro", reclamou. 

Así, denunciou o "agasallo podrecido". "Moi bonito por fóra pero por dentro trae o veleno da humillación" e pediu o cesamento da "persecución financeira". Cos 10.000 millóns de dólares supostamente bloqueados, Maduro vese capaz de garantir "todo o que necesita o pobo de Venezuela". 

"Apertámoslles polo pescozo e facémoslles pedir migallas, perdón. Roubámoslles o diñeiro e despois ofrecémoslles papel 'toilet', como lle lanzou Donald Trump ao pobo de Porto Rico", engadiu Maduro, recordando unha das imaxes máis compartidas nestes últimos días en redes sociais por dirixentes chavistas. 

No caso de que chegue a axuda, o mandatario matizou que o seu Goberno responderá cunha "acción legal". "Actuaremos legal e correctamente", sinalou Maduro, ao ser interrogado sobre a posible reacción a un próximo envío á fronteira. 

Comentarios