Unha onda de frío extremo conxela parte de EE.UU.

Os termómetros esborrállanse e caen por baixo dos 50 graos centígrados

Illinois, Wisconsin e Michigan son os estados máis afectados por unha onda de frío polar que está a ser especialmente agresiva no medio oeste de Estados Unidos, con temperaturas de entre -30 e -60 graos.

Peches de colexios, negocios, estradas e ata aeroportos chegaron a bloquear a actividade de millóns de estadounidenses, que afrontan con estoicismo o vórtice polar tras as copiosas nevadas dos últimos días.

Ata a mañá do xoves as temperaturas caerán ata 32 graos centrígrados, o que dá idea do extremo frío que teñen que soportar millóns de persoas.

Comentarios