Pablo Iglesias nomea unha xestora en Madrid para competir contra Errejón

A xestora estará dirixida e controlada pola dirección estatal e terá como principal obxectivo configurar a candidatura

Pablo Iglesias (izquierda) e Íñigo Errejón
photo_camera Pablo Iglesias (izquierda) e Íñigo Errejón

O líder de Podemos, Pablo Iglesias, está decidido a competir contra Íñigo Errejón na Comunidad de Madrid e para iso nomeou unha xestora, coa que a organización estatal dirixirá Podemos na rexión e buscará pactar unha candidatura con Esquerda Unida para competir contra Más Madrid.

A xestora comeza a funcionar este mesmo luns tras a dimisión o pasado venres de Ramón Espinar como secretario xeral do partido e contará con membros da súa dirección a pesar de que o xa  exdiputado madrileño era contrario á idea de replicar Unidos Podemos para concorrer ás eleccións autonómicas de maio, segundo sinalan a Efe fontes da formación morada.

A xestora estará dirixida e controlada pola dirección estatal e terá como principal obxectivo configurar a candidatura, engaden as mesmas fontes.

Podemos Madrid xa programou unha reunión este luns con EU Madrid na que empezará a negociar esa candidatura, despois de que o partido de Alberto Garzón celebrase onte un encontro para recoller ideas programáticas coas que configurar despois unha candidatura ampla.

Ademais, o vindeiro mércores Pablo Iglesias reunirá ao Consello Cidadán Estatal, o máximo órgano de dirección do partido, co obxectivo de analizar a situación tras a decisión de Íñigo Errejón de concorrer a eleccións coa marca política de Manuela Carmena e a dimisión do seu líder en Madrid, Ramón Espinar. 

Comentarios