O pai de Marta del Castillo ficha por Vox

Antonio del Castillo non se integrará nas listas de Abascal pero si os apoiará nos seus mitins

Antonio del Castillo. EFE
photo_camera Antonio del Castillo. EFE

Antonio del Castillo fichou polo partido de ultradereita Vox. O pai de Marta del Castillo apoiará á formación de Santiago Abascal nos seus mitins en Andalucía, así llo comunicaba nunha entrevista ao diario El Español.

"Estou cansado de tantas bobadas, da linguaxe politicamente correcta dos candidatos. Non din as cousas claras", así explicou Del Castillo a súa viraxe do Partido Popular a Vox.

Ademais, deslígase das etiquetas "ultradereita" e "populista": "Non creo que Vox sexa nada diso. Eu nunca apoiaría algo que se situase nun extremo".

Con todo, e a pesar de que llo pediron, non se integrará nas listas do partido para as próximas eleccións andaluzas aínda que si "axudarei en todo o que poida".

Pola súa banda, desde Vox, segundo recolle El Español, móstranse moi contentos coa fichaxe de Antonio del Castillo, ao que consideran "un símbolo da sociedade civil".

Comentarios