A Policía belga interrompeu o venres pasado unha orxía no centro de Bruxelas na que participaban vinte e cinco homes, entre eles un eurodeputado e varios diplomáticos, segundo informou este martes o diario DH.
"Interrompemos un gang bang", dixo unha fonte policial a ese xornal en relación coa festa sexual, que tivo lugar nun bar do centro da capital belga.
Segundo o diario, na festa, na que había estupefacientes, participaban diplomáticos e un eurodeputado, cuxa identidade, nacionalidade ou grupo político non transcendeu, que intentou fuxirse e despois dixo aos axentes que tiña inmunidade parlamentaria.
Para conter a pandemia de oronavirus, os bares e restaurantes están pechados en Bélxica, onde se aplica un toque de queda nocturno e os contactos sociais están limitados ao mínimo, polo que os vinte e cinco participantes foron multados polos axentes.