O PP celebrará a súa convención nacional do 18 ao 20 de xaneiro

Tivo que renunciar á data prevista, o 2 de decembro, debido á celebración das eleccións en Andalucía

Pablo Casado MARISCAL (Efe)
photo_camera Pablo Casado MARISCAL (Efe)

O Partido Popular celebrará finalmente a súa convención nacional do 18 ao 20 de xaneiro, logo de ter que renunciar á data que tiña prevista, a fin de semana do 2 de decembro, por celebrarse ese día eleccións en Andalucía.

O líder do PP, Pablo Casado, confirmou este martes esta data para a celebración da convención, que servirá para o rearmamento ideolóxico dos populares de cara ás próximas citas electorais.

Casado recordou que prometeu dar a coñecer todos os candidatos municipais e autonómicos antes do 2 de decembro cando esa era a data prevista para a convención.

Pero agora coas eleccións andaluzas o partido envórcase na campaña nesa comunidade, e por iso anunciou que será despois, a partir do 3 de decembro e ata a nova data da convención, cando o partido irá anunciando aos seus candidatos para a cita de maio de 2019.

Comentarios