En liberdade o rapeiro Chris Brown, acusado de violación en París

En 2009, o cantante declarouse culpable de dar unha malleira a Rihanna

El cantante estadounidense Chris Brown. INSTAGRAM
photo_camera O cantante estadounidense Chris Brown. INSTAGRAM

O rapeiro estadounidense Chris Brown, exparella da cantante Rihanna e arrestado en París o luns despois de ser acusado de violación por unha moza, quedou en liberdade sen que polo momento se reteñan cargos na súa contra, informou este martes a Fiscalía de París.

A Fiscalía detallou a Efe que o seu gardacostas persoal e un amigo, a quen a denunciante tamén acusou de abusar dela, tamén quedaron en liberdade.

A investigación aínda non está pechada e proseguirá baixo a autoridade da Fiscalía parisiense.

A revista do corazón Closer detallara que, segundo a denunciante, de 24 anos, os feitos tiveron lugar a noite do pasado día 15 nunha habitación dun luxoso hotel da capital francesa, onde foi levada tras coñecer a Brown nunha discoteca próxima.

Alí, sempre segundo o seu relato, atopouse con outras mozas nunha suite, pero nun momento foi conducida á habitación na que se produciu a presunta violación.

A moza presentou denuncia e a Fiscalía abriu unha investigación que levou ao arresto do rapeiro e das outras dúas persoas por violación e "infraccións á lexislación sobre estupefacientes".

Pouco antes de que se anunciase a súa posta en liberdade, o cantante, de 29 anos, publicou este martes en Instagram que as acusacións son "falsas", contrarias á súa "moral" e "irrespetuosas" cara á súa filla e o resto da súa familia.