Rihanna rompe co seu adiñeirado noivo saudita

A cantante decidiu pór fin á relación que mantiña desde hai un ano con Hassan Hameel

Rihanna. INSTAGRAM
photo_camera Rihanna. INSTAGRAM

A cantante Rihanna puxo fin á súa relación sentimental co millonario saudita Hassan Hameel. Ao parecer, foi a artista a responsable da separación. "Rompeulle o corazón. Iso fai: romper o corazón dos homes", declaraban fontes próximas á estrela barbadense ao portal Media TakeOut e recollidas tamén polo Daily Mail.

Rihanna e o millonario fincado en Londres levaban xuntos desde xuño do ano pasado. "Era unha boa relación, pero agora terminouse. Rihanna cansouse del. Cánsase dos homes ás veces", engadían as mesmas fontes.

A parella mantivo durante este ano un perfil baixo nos medios, evitando as aparicións xuntos, aínda que si foron vistos de vacacións en España. A familia de Hameel ten os dereitos da marca de coches Toyota en Oriente Medio.

Comentarios