Ciudadanos e o PP piden a comparecencia urxente de Sánchez no Congreso

Iglesias anima o presidente do Goberno a facer máis accesible o seu traballo para non darlle "escusas" a Casado

Albert Rivera J C HIDALGO
photo_camera Albert Rivera J C HIDALGO

O PP decidiu este xoves sumarse á petición de Ciudadanos (Cs) para que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, explique no Pleno do Congreso as dúbidas que xerou a súa tese doutoral. Tras sumar forzas ambos os grupos parlamentarios, que teñen maioría na Mesa da Cámara Baixa, o xefe do Executivo pode verse forzado a dar explicacións en sede parlamentaria. 

Os populares modificaron a súa posición en poucas horas, dado que á primeira hora da mañá se conformaban con explicacións públicas ante os cidadáns e non vían necesaria esa comparecencia parlamentaria.

O líder de Cs, Albert Rivera, insistiu en que Sánchez o que ten que facer é acudir ao Congreso a dar conta destas acusacións de plaxio en lugar de "sinalarlles co dedo", referíndose á pequena liorta que protagonizaron o mércores na sesión de control a conta deste asunto. 

Pola súa banda, o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, animou este xoves ao presidente do Goberno a facer accesible a súa tese doutoral para non dar ao presidente do PP, Pablo Casado, "nin media escusa" para non ensinar os traballos do máster cursado na Universidade Rei Juan Carlos. "A miña tese está en Internet", indicou. 

Comentarios