miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

Sánchez apoia a Ábalos: "Fixo o que puido para evitar unha crise diplomática e logrouno"

Ábalos, este venres na Coruña. CABALAR
Ábalos, este venres na Coruña. CABALAR
O ministro de Transportes, desde Santiago, aos que piden a súa dimisión: ""Eu vin para quedarme e non me bota ninguén"

"Eu vin para quedarme e non me bota ninguén", asegurou este sábado o secretario de Organización do PSOE e ministro de Transportes, José Luís Ábalos, en relación ás críticas vertidas polo seu encontro coa vicepresidenta de Venezuela, Dalcy Rodríguez, en Barajas na noite do domingo ao luns pasado.

Ábalos asegurou que a controversia "molesta" pero "non lle impacta" porque, segundo asegurou, vén "de moi lonxe", non como outros que están "de paso". "Eu estou nisto desde o ano 76, non estou nunha aventura", asegurou o ministro de Transportes, que considera que se non fose secretario de Organización do PSOE, o seu encontro "non tería tanto interese". "O que tratan de atacar son unhas siglas de 140 anos de honradez", expresou desde Santiago, onde participa no comité do PSdeG. 

O ministro de Transportes asegurou que o responsable de Interior, Fernando Grande-Marlaska, informoulle da chegada a España da vicepresidenta de Venezuela, Delcy Rodríguez, e pediulle que "procurase" que non baixase do avión.

A EXPLICACIÓN. Ábalos explicou nunha entrevista que o pasado luns foi a Barajas "en coche particular" e non en calidade de ministro a recibir ao titular de Turismo venezolano, Félix Plasencia, que ía visitar Fitur, e que no camiño ao aeroporto recibiu unha chamada do seu compañeiro de gabinete.

Segundo Ábalos, Marlaska comunicoulle que a ministra de Exteriores, Arancha González Laya, recibira unha comunicación da embaixada venezolana na que se informaba da presenza de Rodríguez. E engadiu: "Xa que vas, procura que non baixe do avión". 

Con estes datos, o ministro de Transporte foi "directo" á terminal executiva e achegouse ao avión, que "era alugado, privado", sen a "intención" de atoparse coa vicepresidenta, pero foi Plasencia o que lle solicitou que a saudase. E é o que fixo, "saudala". "Polo tanto, non houbo tal reunión", resolveu.

SÁNCHEZ .O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que o que fixo Ábalos foi "evitar unha crise diplomática, e logrouno". "Entendo que a oposición critique, pero non que critique a un membro do Goberno por evitar unha crise diplomática", dixo Sánchez en declaracións aos medios tras visitar as zonas de Castelló afectadas o temporal, á vez que acusou á dereita de usar "a dor do pobo venezolano para intentar confrontar co Goberno de España".

Sobre Venezuela e a visita do presidente encargado Juan Guaidó, Sánchez insistiu que o que quere o Goberno español é que haxa eleccións canto antes en Venezuela e que o voto dos venezolanos nunha democracia plena poida decidir o seu futuro"

ASUNTOS EXTERIORES. Este sábado, a ministra de Asuntos Exteriores defendeu que a postura española respecto de Venezuela deber ser a de favorecer que nese país se celebren "unhas eleccións libres, transparentes e democráticas", en lugar de contribuír a polémicas "estériles", como o son, ao seu xuízo, as levantadas polo caso Ábalos e pola visita de Juan Guaidó.

ABASCAL. Pola súa banda, o presidente de Vox, Santiago Abascal, pediu a "inmediata dimisión" do ministro de Transportes, polo que considera unha "reunión clandestina e impropia para unha democracia consolidada" coa vicepresidenta de Venezuela. Tamén o PP solicitou a dimisión de Ábalos este venres e este sábado pediu ademais a comparecencia urxente do ministro Marlaska.

Sánchez apoia a Ábalos: "Fixo o que puido para evitar unha crise...
comentarios