Sánchez recibe a Rhodes tras ler unha carta na que lle pide actuar contra os abusos a menores

O pianista declárase "entusiasmado" pola rápida resposta e a "gran disposición" do presidente

Rhodes. EP
photo_camera Rhodes. EP

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recibiu este venres tres de agosto ao músico James Rhodes, que sufriu abusos sexuais durante a súa nenez, tras enviarlle unha carta para ofrecerlle a súa colaboración para traballar en medidas que protexan á infancia destas situacións. Así o asegurou o pianista no seu perfil da rede social Twitter, no que publicou unha mensaxe cualificando de "marabilloso" o encontro que mantivo con Sánchez e coa ministra de Xustiza, Dolores Delgado, e no que tamén estivo presente o director xeral de Save The Children, Andrés Conde. 

Segundo Rhodes, o líder do Executivo contactou con el tras ler a misiva publicada este venres 3 de agosto no País. Nela o músico relata as consecuencias que os abusos sexuais sufridos na súa infancia tiveron e seguen tendo na súa vida, así como a necesidade de actuar con urxencia na toma de medidas que protexan os nenos de calquera abuso ou agresión sexual. 

De todas as denuncias por abusos sexuais que se rexistraron en 2016 no noso país, máis da metade tiñan un menor como vítima

O pianista asegura que acordou con Sánchez reunirse en setembro, xa que esta reunión foi unha "primeira toma de contacto"."O presidente deume a súa palabra de que en setembro deixaremos de falar para pasar á acción", sostén.

"GRAN DISPOSICIÓN". "Estou entusiasmado pola resposta tan rápida do señor Sánchez e todo o seu equipo, así como pola súa gran disposición a traballar xuntos. Espero que isto sexa o punto de partida de algo realmente prometedor", manifestou en Twitter. 

Comentarios