Selena Gómez, ingresada nun centro psiquiátrico tras sufrir unha "crise emocional"

O seu baixo nivel de glóbulos brancos derivou nunha "espiral emocional negativa", segundo TMZ

Selena Gómez. INSTAGRAM
photo_camera Selena Gómez. INSTAGRAM

A cantante e actriz Selena Gómez está ingresada nun centro psiquiátrico de Estados Unidos tras sufrir a semana pasada "unha crise emocional", segundo informou este xoves o medio especializado en famosos TMZ. As fontes consultadas por TMZ indicaron que Gómez, de 26 anos, tivo un primeiro ingreso hospitalario a última semana de setembro xa que estaba nerviosa e deprimida por un alarmantemente baixo nivel de glóbulos brancos en sangue.

A exestrela de Disney someteuse o ano pasado a un transplante de ril a causa do lupus. Recibiu a alta tras uns días no hospital Cedars-Sinai Medical Center dos Angeles (California), pero a finais da semana pasada volveu ingresar xa que o seu baixo nivel de glóbulos brancos persistía, o que derivou nunha "espiral emocional negativa".

Durante este segundo ingreso, segundo TMZ, a cantante sufriu unha crise nerviosa despois de que os médicos non a deixasen ir, tratou de arrincarse as vías intravenosas do brazo e finalmente derivou nunha "crise emocional". Nestes momentos, Gómez estaría ingresada nun psiquiátrico da costa este de Estados Unidos para recibir terapia dialéctica de comportamento, un tratamento ao que xa se someteu no pasado e que serve para tratar diversos trastornos.

En 2014, Gómez estivo dúas semanas en rehabilitación por abuso de alcol, marihuana e fármacos tras a súa ruptura con Justin Bieber. 

Comentarios