jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Simón recomenda non cambiar de provincia salvo que sexa necesario

O director do Centro de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón. EFE
O director do Centro de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón. EFE
Insiste en rexeitar a realización de test para os viaxeiros porque é imposible unha garantía "cento por cento"

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias (CCAES), o doutor Fernando Simón, pediu este xoves aos cidadáns que, aínda que acabe o estado de alarma o próximo 21 de xuño, procuren non cambiar de provincia ou de comunidade autónoma salvo que sexa necesario polo menos ata que o risco de contaxio sexa próximo a cero. 

Así o afirmou durante a rolda de prensa diaria en Moncloa para explicar os datos da evolución da pandemia, ao ser preguntado sobre os posibles cambios que se poderían incluír no decreto de nova normalidade que rexerá a partir do próximo domingo e que aínda non foi validado no Congreso. 

O director do CCAES asegurou que este decreto establece medidas comúns para toda España e que se aplicarán en todo o territorio. Algunhas, precisa, dependen da responsabilidade persoal, aínda que se fará publicidade delas e xunto a elas hai outra serie de medidas especiais de protección no sector do transporte. 

Pero explicou que as comunidades teñen capacidade de lexislar medidas máis específicas relacionadas con outros aspectos relacionados coa transmisión como o lecer nocturno ou eventos masivos.

E aínda que recordou que a mobilidade entre provincias e comunidades autonómas, unha vez que acaba o decreto de alarma, non se pode restrinxir deixou claro que "é recomendable non moverse cando non é necesario sobre todo entre provincias ata que teñamos un nivel de transmisión próximo a cero". Neste sentido, asegurou que xa se está preto dese nivel cero de transmisión pero aínda queda "un pouquiño". 

Á marxe desta recomendación, afirma que durante o verán nou se teña medo, pero si respecto pola dramática experiencia recente. Por iso, insistiu en ter coidado con non rebaixar máis da conta as medidas de prevención. Recorda que agora as cousas van ben e espera que sigan así, pero insiste en que só se poderá manter a calma se entre todos se manteñen as medidas adecuadas para que o "risco residual non se acabe convertendo nunha nova onda epidémica". 

Asegura, neste sentido, que unha parte depende de cada persoa, pero admite que outra depende do que fagan as institucións cos viaxeiros, dos que asegura que non teñen por que supor un risco se non teñen o virus. 

Pero aínda que di que non se ten que ter medo dos viaxeiros que cheguen, considera que se ten que tratar de controlar os viaxeiros que poidan ter sintomatoloxía ou casos posibles. Para iso, afirma que se están implementando medidas que propón Sanidade Exterior en Portos e Aeroportos e a nivel interno para tratar de reducir os riscos asociados ás viaxes nacionais e internacionais. 

Sinalou neste sentido que algunhas destas medidas están a porse hoxe en marcha e outras xa están implementadas. "Hai que manter certa tensión, non ter unha angustia excesiva pero non estar angustiados non implica non comportarse como se debe", precisou.

SANIDADE EXTERIOR IMPLANTARÁ MEDIDAS O 21 DE XUñO E O 1 DE XULLO. No entanto, e ao ser preguntado polo Plan Barallas que pide Madrid e polas medidas que recomimenda para evitar que os viaxeiros provoquen brotes por casos importados, rexeitou de novo a realización de probas PCR aos turistas. 

Recalca os problemas loxísticos que supón, económicos, sanitarios e o exceso de falsa "seguridade" que darían unido " falta de fiabilidade dalgúns dos resultados". 

Neste sentido, considera que a través de Sanidade Exterior téñense que atopar alternativas e engadiu que a partir do 21 de xuño adoptaranse máis medidas ás que se engadirán outras o 1 de xullo. 

"Son medidas moi pensadas e meditadas que permiten controlar o risco, pero si é verdade que algúns grupos relacionados coa mobilidade dos pasaxeiros con intereses moi lexítimos neste campo e nesta área económica claro que queren máximas garantías de que ese risco non existe", exclamou. 

No entanto, deixou claro que unha garantía cento por cento é "case imposible" aínda que se poden lograr garantías "de forma razoable". 

Simón recomenda non cambiar de provincia salvo que sexa necesario
comentarios