Sorprenden a unha parella tendo sexo durante un voo a México

Dous pasaxeiros gravaron a escena nun vídeo que se viralizou a través de Twitter

Unha parella durante un voo con destino México decidiu dar renda solta á súa paixón sen importarlle demasiado as miradas dos seus compañeiros de viaxe.

Dous pasaxeiros que viaxaban nos asentos dianteiros desta parella decidiron gravar a escena nun vídeo que, posteriormente, compartiu a súa filla a través de Twitter.

A gravación fíxose viral e xa supera os seis millóns de reproducións.