Un tertuliano pon nun aperto a Puigdemont nunha televisión belga

"Debería volver e encerrarse no cárcere", díxolle un xornalista ao expresidente catalán

Carles Puigdemont. HAYOUNG JEON (EFE)
photo_camera Carles Puigdemont. HAYOUNG JEON (EFE)

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont acudiu a un programa da televisión belga VRT NU e tivo que facer fronte a un tertuliano que cuestionou a súa decisión de fuxir de España e de convocar o referendum do 1-O.

Ao longo da entrevista, o xornalista díxolle ao expresident que se quería "gañar algo de dignidade", "debería volver e encerrarse no cárcere". "Non podo entender por que está neste estudo e non cos seus amigos en Cataluña", continuou o tertuliano, ao que Puigdemont respondeu que "se estivese no cárcere non podería estar neste estudo". "Non creo nos mártires. Creo na democracia e na separación de poderes", engadiu o político fuxido.

O xornalista continuou cuestionando a legalidade da consulta celebrada o pasado 1 de outubro en Cataluña: "Se non quería se un mártir, non debería organizar un referendo falso. Perdeu moita credibilidade". "Non o creo. O referendo non foi falso, foi real",  resolveu Puigdemont. 
 

Comentarios