Thermomix debe indemnizar a unha española que sufriu queimaduras

 A muller recibirá 17.914 euros tras abrirse a tapa e arroxarlle encima unha crema fervendo
 
Thermomix
photo_camera Thermomix

O Xulgado de Primeira Instancia número 52 de Madrid condenou á empresa que comercializa a marca de aparello de cociña Thermomix en España a pagar 17.914 euros máis intereses a unha muller que sufriu queimaduras en cara e torso tras abrirse súbitamente a tapa do electrodoméstico e arroxarlle encima a crema de calabacín fervendo que cociñaba.

Segundo a sentenza, o incidente foi propiciado "pola mala calidade" da xunta da tapadeira do robot; que se abriu, lanzou as aspas da máquina e impulsou pola onda expansiva á demandante cara atrás.

O accidente provocou queimaduras na cara anterior do tórax, con placas illadas e sangrado de profundidade intermedia que precisou tratamento médico e farmacolóxico.

Pola súa banda, Thermomix argumentou que o incidente se debeu a un mal mantemento da máquina e un uso incorrecto do aparello. Ademais, incidiron en que no libro de receitas que se entrega xunto ao aparello, pídese que coa crema de calabacín se deje pasar "uns minutos para que baixe a temperatura antes de abrir a tapa". A sentenza aclara que esta recomendación figura no libro actual, pero non o facía no que foi entregado á afectada.

Comentarios