A UE ofrece prorrogar o Brexit

A data límite sería o 12 de abril se o parlamento británico non aproba o acordo. En caso dunha saída consensuada, o prazo ampliaríase ata o 22 de mayol

Theresa May, durante la sesión en la Cámara de los Comunes del Parlamento.Efe
photo_camera Theresa May. EFE

O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, anunciou este xoves que os líderes dos Vinte e sete acordaron de xeito unánime a súa resposta á petición británica de estender o período de negociacións do Brexit e sinalou que se reunirá inmediatamente coa premier británica, Theresa May.

Tras case seis horas de negociacións, o compromiso ofrece unha ampliación ata o 22 maio se o Reino Unido consegue aprobar o acordo de saída a próxima semana e, no caso de que o Parlamento británico non dea o seu apoio ao texto, un límite ata o 12 de abril para que o Goberno británico decida se convoca eleccións ou opta por saír da UE sen un acordo.

A prórroga acordada este xoves polos Vinte e sete contempla xa que logo dous escenarios. Se a Cámara dos Comúns aproba o acordo de retirada pactado entre Londres e Bruxelas a próxima semana, a UE daría ao Reino Unido unha prórroga técnica ata o 22 de maio na que poida culminar o proceso lexislativo sobre a retirada.

Se o acordo de saída non recibe o visto e prace do Parlamento británico, o Reino Unido tería ata o 12 de abril debe decidir se organiza eleccións á Eurocámara ou non.
Se finalmente opta por convocalas, deberá indicar ante a UE cales son os seus plans con respecto ao Brexit, que implicarían unha extensión longa.

May debería argumentar ante a UE esa extensión longa, que podería chegar ata os cinco anos, coincidindo co fin da próxima lexislatura da Eurocámara.

Neste caso, quedaría de novo en mans da UE decidir se concede esta nova ampliación longa, que implicaría que o Reino Unido conte con eurodiputados na próxima Eurocámara e haxa un comisario de nacionalidade británica na futura Comisión Europea.

Comentarios