O último reto viral: baixarse do coche en marcha e bailar

As autoridades advirten de que esta práctica poden carrexar multas

Dulceida haciendo el 'In my feelings challenge'
photo_camera Dulceida facendo o 'In my feelings challenge'

Chámase In my feelings challenge e é o último reto que se converteu en viral nas redes sociais. Consiste en baixarse dun coche en marcha e realizar un baile ao ritmo da canción In my feelings, de Drake, mentres o vehículo segue avanzando lentamente e outra persoa grava o momento en vídeo —normalmente o condutor—.

 

Kiki, do you love me? ð??? #inmyfeelings #inmyfeelingschallenge #smartlovers #NoMeImiteis<>

Unha publicación compartida da Laura Escaneslauraescanes)> o 18 Jul, 2018 ás 9:59 PDT

Famosas instagramers como Laura Escanes ou Dulceida xa o realizaron e o reto non para de reproducirse na rede a pesar da advertencia das autoridades policiais. E é que segundo un tuit dos Mossos d'Escuadra, este xogo pode acabar en denuncia por gravar cun móbil mentres conduces, conducir sen prestar atención, desabrochar o cinto durante a circulación e pór en perigo a terceiros.
 

Comentarios