Viggo Mortensen critica a "ignorancia" de Vox por usar a imaxe de Aragorn

"É ridículo utilizar a imaxe dun estadista políglota para lexitimar a un grupo antiimigrante, antifeminista e islamófobo"

El actor Viggo Mortensen. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)
photo_camera O actor Viggo Mortensen. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)

O actor Viggo Mortensen tachou de "ignorante" á formación de extrema dereita Vox polo uso que fixo do personaxe de Aragorn que el mesmo encarnou na triloxía de O señor dos aneis durante a pasada xornada electoral do 28 de abril. 

"Hai que ser bastante ignorante para pensar que o uso do personaxe de Aragorn da triloxía cinematográfica O señor dos aneis para promover a campaña electoral dun partido xenófobo de ultradereita como Vox sería unha boa idea", asegurou Mortensen nunha carta á directora de El País publicada este martes.

"Non só é absurdo que a min, o actor que encarnou este personaxe para (o director) Peter Jackson e unha persoa interesada na rica variedade de culturas e idiomas que existen en España e no mundo, se me vincule a un partido político ultranacionalista e neofascista", sinala na carta. 

"É aínda máis ridículo que se utilice o personaxe de Aragorn, un estadista políglota que avoga polo coñecemento e a inclusión das diversas razas, costumes e linguas da Terra Media, para lexitimar a un grupo político antiinmigrante, antifeminista e islamófobo", prosegue o actor. 

Mortensen, que tamén exerce como poeta, músico, fotógrafo e pintor e ten unha pequena editorial independente especializada en arte e poesía, é neoiorquino, con ascendencia danesa e arxentina, e reside habitualmente en Madrid desde hai anos. 

"É ridículo utilizar a imaxe dun estadista políglota para lexitimar a un grupo antiimigrante, antifeminista e islamófobo"

"Riríame da súa torpeza", conclúe a carta, "pero Vox entrou no Congreso con 24 escanos; non é un chiste, e haberá que estar atentos e proactivos, como o é Aragorn na saga de Tolkien". 

A formación liderada por Santiago Abascal publicou o pasado 28 de abril un tuit no que utilizaba unha escena de O señor dos Aneis onde o personaxe de Aragorn, identificado como Vox, se enfrontaba el só a un exército sobre o aparecían símbolos e bandeiras de distintos medios de comunicación e colectivos políticos e sindicais. 

A distribuidora Warner Bros, propietaria dos dereitos da triloxía, respondeu ao día seguinte con outro tuit advertindo a Vox de que non autorizaran o uso da súa propiedade intelectual para ningunha campaña política.

Comentarios