Willy Bárcenas, cantante de Taburete: "Valtonyc é un cagón e máis 'pijo' ca nós"

Tanto o fillo de Luis Bárcenas como Antón Carreño, neto de Gerardo Díaz Ferrán, cren que a situación da súa familia afecta o éxito do grupo

Willy Bárcenas, cantante de Taburete. INSTAGRAM
photo_camera Willy Bárcenas, cantante de Taburete. INSTAGRAM

Taburete volve á actualidade tras a polémica xerada por pousar cunha bandeira española no seu último concerto en Barcelona. 

Willy Bárcernas, líder do grupo e fillo do extesoureiro do PP Luis Bárcenas, concedeu unha entrevista ao diario El País e nela pronunciouse sobre o rapeiro Josep Miguel Arenas Beltrán, coñecido como Valtonyc, fuxido a Bélxica para non entrar ao cárcere tras ser condenado por apología de terrorismo e inxurias á Coroa. "Vltonyc é un cagón e encima é máis pijo ca nós", asegura Bárcenas.

Desde Taburete consideran que ningún artista debería ser perseguido polas letras das súas cancións pero, apunta o cantante da banda, "iso non pode dar vía libre para dicir nun concerto 'imos matar gardas civís'", en alusión a Valtonyc.

Durante a entrevista, tanto Bárcenas como Antón Carreño, neto de Gerardo Díaz Ferrán, expresidente da CEOE, en prisión por diversas causas xudiciais como o caso Marsans, puxeron de relevo como afecta á súa traxectoria a situación que vive a súa familia. "Se non chegamos a ser fillos de quen somos, Taburete estaría a niveis acojonantes. Hai xente que non nos escoita por prexuízos", manteñen.

Comentarios