Xavier Domènech deixa todos os seus cargos políticos

Expresa o seu desexo de deixar paso "a novas persoas con ideas frescas e a enerxía necesaria para levar a cabo os retos que o país pide nos próximos meses"

El cabeza de lista de Catalunya en Comú Podem, Xavier Domènech. MARTA PÉREZ (EFE)
photo_camera Xavier Domènech. MARTA PÉREZ (EFE)

O dirixente Catalunya en Comú Podem, Xavier Domènech, anunciou este martes que deixa todos os seus cargos no partido e no Parlament tras unha "profunda reflexión" e asumir "a responsabilidade" que lle corresponde polo resultado nas últimas eleccións autonómicas.

Domènech fixo pública nas redes sociais unha carta na que traslada a súa renuncia como coordinador xeneral de Catalunya en Comú e como secretario xeral de Podem Catalunya e expresa o seu desexo de deixar paso "a novas persoas con ideas frescas e a enerxía necesaria para levar a cabo os retos que o país pide nos próximos meses".

O líder dos comúns sinala que tras "gañar por dúas veces, contra todo prognóstico, as eleccións xerais en Cataluña", posteriormente, nas eleccións catalás tiveron un resultado que "non foi o que queriamos e esperabamos -di-".

Nas últimas eleccións autonómicas, Catalunya en Comú Podem obtivo 8 escanos e un 7,46 % dos votos, que a situaron como quinta forza do Parlament. 

Comentarios