A Audiencia Territorial de Schleswig-Holstein pediu á xustiza española que envíe información adicional sobre a acusación de malversación de fondos públicos contra o expresidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont, ao considerar que na euroorde falta concreción.
"Non contén unha descrición suficiente das circunstancias nas que se produciu o delito coa necesaria concreción da acusación que permita asocialo de xeito suficiente aos feitos que se lle imputan", subliña a Audiencia no auto emitido o pasado venres e difundido este luns.