domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Álvaro de Marichalar promocionará a Ruta da 'Traslatio'

Álvaro de Marichalar en Santiago. EUROPA PRESS
Álvaro de Marichalar en Santiago. EUROPA PRESS
Percorrerá os lugares polos que pasou o corpo do apóstolo Santiago desde Palestina cara a Compostela

O navegante Álvaro de Marichalar promocionará a Ruta da Traslatio, que percorre os lugares polos que pasou o corpo do apóstolo Santiago desde Palestina cara a Compostela, algo que considerou "unha honra".

A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla e o aventureiro colaborarán para dar visibilidade a esa ruta marítima na Volta ao Mundo en moto acuática que está a afrontar o navarro, quen xa completou o tramo entre Sevilla e Florida.

A pandemia retivo o proxecto nos últimos meses, que se reiniciará en novembro, cando navegará ata Panamá, Alaska, cruzará a Rusia e navegará por Asia e o mediterráneo ata Sevilla. Será no último tramo, a navegación pola costa atlántica de Portugal e Galicia, onde se materializará a colaboración coa Fundación Xacobea da Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

De Marichalar afrontará a última etapa da súa volta ao mundo cunha embarcación sostible, unha moto náutica con motor eléctrico

Así, o periplo de Jaffa (actual Tel Aviv) ata Padrón correspóndese co que realizaron os restos do Apóstolo ata Compostela, coa Traslatio pola Ría de Arousa e o río Ulla ata Padrón. De Marichalar afrontará esta última etapa da súa volta ao mundo cunha embarcación sostible, unha moto náutica con motor eléctrico.

A Fundación Xacobea considera que supón unha "oportunidade excepcional para promocionar o primeiro dos Camiños" ao coincidir co Xacobeo 21-22, tal e como explicou o seu presidente, Javier Sánchez-Agostiño. Ademais, destacou os "valores de esforzo e sacrificio" de Marichalar e considerou que esta iniciativa supón unha "promoción internacional, efectiva e única do Xacobeo".

Álvaro de Marichalar aeguró que este reto é "un das maiores honras" que recibiu e que promove os "valores propios" de España, da "civilización e da beleza de Galicia".

Álvaro de Marichalar promocionará a Ruta da 'Traslatio'
comentarios