Comeza en Santiago a rodaxe dun documental sobre as mulleres peregrinas

Arrincará este martes no Obradoiro, desta produción que conta co guion do juiez Taín
Catedral de Santiago de Compostela. DP
photo_camera Catedral de Santiago de Compostela. DP

Este martes comeza na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, a rodaxe dun proxecto audiovisual a cargo do xuíz José Antonio Vázquez Taín.

Segundo informou o propio responsable desta iniciativa, será ás 10.00 horas, nun lugar que non foi escollido "ao azar" xa que o documental detalla o Camiño de Santiago que mulleres peregrinas fixeron ao longo da historia.

Este traballo conta co apoio de Turismo de Galicia e o obxectivo do "xuíz, peregrino e escritor", explica o seu autor nun comunicado, é "achegar ao público as vidas dalgunhas mulleres que contribuíron ao crecemento e expansión da ruta Xacobea".

A realización deste traballo corre a cargo de Ronsel Freire e Alberte Cabarcos, ambos os creadores de em <>Álbum de viaxe, para a TVG e que obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor realización en 2019, que dirixirán un equipo "eminentemente galego" en coprodución cunha empresa andaluza.

Comentarios