sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Os municipios do Camiño Francés colaboran para restablecer o tránsito de peregrinos

Tres peregrinos cruzan Palas de Rei. ELISEO TRIGO
Tres peregrinos cruzan Palas de Rei. ELISEO TRIGO
O alcalde de Logroño e vicepresidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago reuniuse con Alfonso Rueda para promocionar o Xacobeo

O alcalde de Logroño e vicepresidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), Pablo Hermoso de Mendoza, mantivo este luns unha reunión telemática co vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para tratar a colaboración conxunta na promoción do Xacobeo 2021. Nunha nota, o Consistorio logroñés sinalou que "a intención de ambas as partes é colaborar para restablecer o tránsito habitual dos peregrinos polos municipios da ruta xacobea", nun ano marcado pola pandemia da covid-19 no que se deberá garantir a normativa sanitaria.

Ademais, coincidiron en que deben xerar unha "imaxe de confianza" e unha difusión adecuada do Camiño de Santiago como un destino "seguro, singlar e de valores fortemente arraigados que se deben protexer e alentar".

Na reunión tamén participaron o xerente da Secretaría Técnica da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, Víctor López; a comisaria do Consello Xacobeo, Cecilia Pereira; e a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) é unha entidade sen ánimo de lucro integrada por diversos municipios que conforman o chamado Camiño Francés, e que ten como obxectivo "establecer relacións de cooperación entre todos os municipios polos que discorre esta ruta de cara á súa protección e promoción", engadiu. 

Os municipios do Camiño Francés colaboran para restablecer o...
comentarios