lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

'Outros Camiños': o documental que mostra o Camiño desde outra perspectiva

Presentación del documental 'Outros Camiños', de Rubén Riós, sobre el trabajo de la asociación DisCamino. EUROPA PRESS. jpg
Presentación do documental 'Outros Camiños', de Rubén Riós, sobre o traballo da asociación DisCamino. EUROPA PRESS
O traballo, liderado polo cineasta Rubén Riós, mostra a experiencia de catro persoas con parálises cereblan na Ruta Xacobea 

A delegación territorial da Xunta en Vigo acolleu este martes a presentación do documental Outros Camiños, do cineasta galego Rubén Riós, que mostra a experiencia de catro persoas con parálise cerebral na Ruta Xacobea, a través do traballo que leva a cabo a Asociación DisCamino. 

A cinta, apoiada pola Xunta a través do programa Xacobeo 21-22, recolle o proxecto de DisCamino, entidade viguesa comandada por Javier Pitillas, e que xa organizou máis dunha ducia de 'expedicións' do Camiño de Santiago con persoas con discapacidade. 

Outros Camiños reflexa, segundo explicou Rubén Riós, unha "profunda experiencia de vida" grazas a un grupo de persoas con parálise cerebral, que abordan o reto do Camiño nun clima de enerxía positiva. "Tomamos como escenario os espazos inigualables do Camiño de Santiago e achegamos ao espectador unha realidade máis inclusiva e accesible", subliñou. 

A través da película, producida por em <>Claqueta Coqueta (especializada no ámbito da exclusión e a vulnerabilidade social), os catro protagonistas (Fani, Paula, David e Javichi) axudan a coñecer a relación entre as persoas que percorren máis de 500 quilómetros da Ruta Xacobea, e o proxecto desenvolvido por DisCamino. 

Na presentación do documental participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, que trasladou o compromiso do goberno galego para "avanzar na accesibilidade". 

'Outros Camiños': o documental que mostra o Camiño desde outra...
comentarios