A programación do Xacobeo incluirá catro xiras e 30 concertos

As principais protagonistas serán as orquestras sinfónicas â?? O programa foi presentado este xoves polo conselleiro Román Rodríguez e a directora de Turismo, Nava&Castro nbsp;
filarmonia 2
photo_camera Imaxe de arquivo dun concerto da Filharmonía de Galicia. PEPE ÁLVEZ

A programación sinfónica do Xacobeo 21-22 incluirá catro xiras --unha ou dúas fose da comunidade-- e trinta concertos das principais agrupacións sinfónicas de Galicia, ademais da gravación de catro proxectos musicais e outras actividades de carácter máis reducido.

A Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra de Cámara Galega e a Orquestra Vigo 430, participarán na programación do Xacobeo 21-22 que a Xunta desenvolveu e para o que dispuxo un investimento de 1,5 millóns de euros.

O programa, que contará con máis de 50 actividades "para impulsar e reforzar o apoio á música clásica", foi presentado este xoves polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava, que estiveron acompañados polo concelleiro de Santiago Sindo Guinarte e por representantes das catro agrupacións.

O conselleiro detallou que o obxectivo da programación é "reforzar a presenza da música clásica na celebración do Xacobeo, achegándoa ao gran público". Os concertos terán lugar en espazos relacionados do Camiño de Santiago e outras localizacións de interese patrimonial como igrexas e catedrais.

Tamén destacou a colaboración de distintos artistas e grupos de xéneros como rock e pop. é o caso de Luz Casal, que no marco das Festas do Apóstolo deste ano ofreceu un concerto na Praza do Obradoiro xunto á Real Filharmonía de Galicia.

REACTIVACIÓN CULTURAL. Román Rodríguez explicou que o valor do dobre Ano Santo Xacobeo é a súa función como "gran motor de reactivación cultural". Tamén puxo en valor o esforzo da Xunta á hora de asinar convenios individuais coas catro grandes agrupacións para "impulsar a súa produción cultural de primeiro nivel e o seu papel fundamental como dinamizadores do emprego artístico dentro das nosas industrias culturais".

A directora de Turismo de Galicia tamén remarcou esta idea. Nava Castro sinalou que o obxectivo da Administración autonómica é "ir un paso máis aló do Galicia Calidade, para chegar á excelencia". "Galicia é excelencia, tamén na música clásica", destacou.

DIVERSIDADE DE ACCIóNS. As catro agrupacións involucraranse de forma activa na programación do Xacobeo cunha gran diversidade de accións. A Orquestra 430 realizará un total de nove concertos. Pola súa banda, a Real Filharmonía de Galicia levará a cabo concertos, gravacións e proxectos de carácter formativo para público novo.

No caso da Orquestra Sinfónica de Galicia, as súas actividades levarana fóra da comunidade autónoma --viaxará a San Sebastián, Santander e Madrid-- e estará inmersa en proxectos de colaboración con artistas de diversos estilos musicais. Ademais, colaborará, entre outras, coas Orquestras Infantís e coa Orquestra Nova.

Para rematar, a Orquestra de Cámara Galega colaborará coa Fundación Rogelio Groba na realización de concertos de cámara para pór en valor a obra do propio músico e compositor galego Rogelio Groba, ademais dos 26 anos na escena musical da orquestra.

Comentarios