A Academia Sueca non entregará este ano o Nobel de Literatura polo escándalo sexual

A última vez que non se concedeu o galardón foi durante a II Guerra Mundial

Medalla del Premio Nobel. AEP
photo_camera Medalla do Premio Nobel. AEP

A Academia Sueca informou este venres de que este ano non se outorgará o Nobel de Literatura e que o fallo se aprazará a 2019, polo escándalo de filtracións e supostos abusos sexuais que a colocou nunha crise histórica.

A academia motivou a decisión, que non se producía desde a II Guerra Mundial, pola "perda de confianza" do mundo exterior na propia institución, debido á crise que provocou a renuncia de oito dos seus dezaoito membros. 

Comentarios