Almodóvar: "Este cambio de Goberno foi unha liberación"

O director advirte que hai moito por facer e celebra a recuperación do Ministerio de Cultura

Pedro Almodóvar.MARISCAL (Efe)
photo_camera Pedro Almodóvar.MARISCAL (Efe)

O cineasta Pedro Almodóvar, que acaba de inaugurar unha exposición coas súas fotografías de bodegóns na Galería Marlborough de Madrid, afirmou que ante "o cambio de rumbo" político sentiuse "feliz". "Foi unha liberación este cambio de Goberno", afirma.

Almodóvar tamén asegurou a Efe que, aínda que coñece ao novo ministro de Cultura, Màxim Huerta, non pode dicir nada agora mesmo, "nin ben nin mal". 

"Sorprendeume, iso si, e haberá que ver que fai porque hai moitas cousas inmediatas por facer, pero de momento recuperamos Ministerio, que é importante", engade. 

"Pero hai algo de tradición negativa co Ministerio de Cultura desde que vivimos en democracia. Non recordo ben a ningún ministro de Cultura, excepto a Carmen Alborch, que fixese cousas e ata Jorge Semprún non entendeu o Ministerio", subliña o cineasta.

E entre as medidas máis inmediatas que reclama Almódovar ao novo Goberno é que "devolva RTVE ao nivel que tivo antes. Que volva ser unha televisión pública de todos os españois, con nivel, que regresen os redactores que se tiveron que ir". 

Comentarios