Arnold Schwarzenegger, sometido a unha operación urxente de corazón

O actor ingresara no hospital Cedars-Sinai en Los Ángeles para unha substitución da válvula aórtica

 

 

Arnold Schwarzenegger. NINA PROMMER (EFE)
photo_camera Arnold Schwarzenegger. NINA PROMMER (EFE)

O exgobernador de California e estrela de acción de Hollywood, Arnold Schwarzenegger, atópase recuperándose dunha operación de corazón de urxencia, segundo informou este venres a web de información de entretemento TMZ.

Schwarzenegger, de 70 anos, ingresou no hospital Cedars-Sinai en Los Ángeles o xoves para unha substitución da válvula aórtica con catéter cando xurdiron algunhas complicacións e os doutores tiveron que levar a cabo un proceso cirúrxico de urxencia.

O protagonista de Terminator áchase en condición estable e recuperándose, agregou esta fonte.

Schwarzenegger someteuse xa a unha substitución da súa válvula aórtica en 1997.

O que fora gobernador de California entre 2003 e 2011, activo membro do Partido Republicano, é moi crítico co presidente de Estados Unidos Donald Trump, con quen tivo varios cruces de declaracións nas redes sociais. 

Comentarios