Desestimada a demanda contra 'Fariña', o libro secuestrado máis de 3 meses

A xuíza exonera o autor e os editores

 

Nacho Carretero. SANTI DONAIRE (EFE)
photo_camera Nacho Carretero. SANTI DONAIRE (EFE)

A xuíza Mercedes Galindo desestimou a demanda do exalcalde do Grove José Alfredo Bea Gondar contra o autor e os editores de Fariña, o libro sobre o narcotráfico galego que permaneceu tres meses e medio secuestrado por decisión doutra xuíza. A sentenza dá a razón ao autor, Nacho Carretero, e a editorial Libros do KO e condena ao pago das costas ao demandante, que esixía 500.000 euros de indemnización por unha suposta vulneración do seu dereito á honra polas mencións que a el se facían no libro.

A xuíza absolve o autor e os editores nunha sentenza na que subliña que o relato do libro e as manifestacións públicas que fixo Carretero resultan "veraces", froito dun "importante labor de investigación" e que non se vulnerou o dereito á honra de Bea Gondar nin se traspasaron os límites do dereito á información e á liberdade de expresión. 

Comentarios