Eduardo Casanova critica a 'OT' polo despedimento de Itziar Castro: "É un lobo con pel de cordeiro"

O cineasta define ao concurso musical de naif "pretendido" e que mantén "un discurso populista e branco"  ► Miriam Rodríguez tamén mostrou o seu apoio á actriz

Eduardo Casanova. INSTAGRAM
photo_camera Eduardo Casanova. INSTAGRAM

O recente despedimento da actriz Itziar Castro como profesora de interpretación na Academia de Operación Triunfo por non cumprir cos "obxectivos" esperados, e que agora substituirán os Javis –Javier Calvo e Javier Ambrossi– segue traendo cola.

E é que moitas personalidades do mundo do cine e da música non dubidaron en mostrarlle todo o seu apoio a Castro a través das redes sociais. Un exemplo diso foi Miriam Rodríguez, terceira finalista de OT 2017, e o actor e director Eduardo Casanova.

"Quérote sempre", escribía a moza de Pontedeume.

Pola súa banda, Casanova foi moi crítico co programa, ao que cualificou de lobo "con pel de cordeiro. Un naif pretendido, un discurso populista e branco".  Ademais, dixo que non lle interesa nada o talent e que este non "merece a unha actriz como Itziar Castro".

Ante as peticións dos seus fans animándoo a colaborar con Operación Triunfo seguiu na súa liña e resolveu o tema: "Non creo que nunca interesase o meu traballo a un formato así e non creo que a min me interese nunca ese formato".

Comentarios