Falece aos 20 anos o actor Jackson Odell

Descoñécense as causas da morte do actor de series como The Modern Family ou The Goldberg

 

Jackson Odell. TWITTER
photo_camera Jackson Odell. TWITTER

O actor Jackson Odell foi atopado sen vida na súa vivenda de Tarzana, California. O cantante, de 20 anos, faleceu o pasado xoves aínda que a noticia non transcendeu ata este luns.

Polo momento descoñécense as causas da morte do actor de series como The Modern Family ou The Goldberg. 

A súa familia comunicou a noticia a través de Twitter: "A familia Odell perdeu ao noso amado fillo e irmán, Jackson Odell. Él sempre será para nós unha luz e unha alma brillante, amorosa e chea de talento".

Comentarios