domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

'Liberto', 'Bernarda' e 'Fariña' encabezan as nominacións aos María Casares

Los finalistas a los premios María Casares. LA DIAPO-AAAG
Los finalistas a los premios María Casares. LA DIAPO-AAAG
Dezaseis espectáculos teatrais compiten polos premios na súa vixésima cuarta edición

Tres espectáculos concentran o maior número de candidaturas finalistas na XXIV edición dos Premios de Teatro María Casares. Liberto, de Marelas Producións; Bernarda, de Malasombra e Fariña, de Ainé Producións, son as obras con máis nominacións aos 14 galardóns que se entregarán o 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. 

A lista deuse a coñecer este mércores na tradicional Festa de Finalistas, que se celebrou na cafetería Lasso do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Liberto, de Marelas Teatro, é finalista ao premio a mellor espectáculo, dirección (Tamara Canosa), adaptación-tradución (Tamara Canosa, María Vázquez), actriz protagonista (Rocío González), actriz secundaria (Cris Iglesias), música orixinal (Lucía Aldao) e iluminación (José Faro Coti). 

Pola súa banda, Bernarda, de Malasombra, opta a mellor espectáculo, dirección (Jose Prieto), texto orixinal (Jose Prieto), actriz protagonista (Luisa Merelas) e actriz secundaria (Celia González). 

A obra Fariña, de Ainé Produccións, Undodez e Oqueteño Media, aspira ao premio ao mellor espectáculo, escenografía (José Faro Coti), iluminación (Laura Iturralde), actor protagonista (Sergio Zearreta) e música orixinal (Novedades Carminha, Santi Jul, Iván Laxe e Sergio Zearreta). 

Os galardóns entregaranse o 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

Por outro lado, O empapelado amarelo, da Quinta do Cuadrante, opta ao galardón á mejor dirección (Tito Asorey), adaptación/tradución (Tito Asorey e Melania Cruz) e iluminación (Laura Iturralde). Despois das ondas, de ButacaZero, está nominada nas categorías de mellor texto orixinal (Ernesto Is), maquillaxe (Carlos Pinilla) e vestiario (Carlos Pinilla). Mentres, Hemos venido a darlo todo, de Voadora, opta ao premio á mellor maquillaxe (Fany Bello), vestiario (Fany Bello) e música orixinal (Hugo Torres, Fernando Epelde e José Díaz). 

Ademais, a peza MedidaxMedida, de Producións Teatráis Excéntrica, conta con finalistas nas categorías de actor secundario (Víctor Mosqueira, Josito Porto e Santi Romay); Vida de Cans, de Talía Teatro, en texto orixinal (Cándido Pazó), maquillaxe (Martina Cambeiro) e escenografía (Dani Trillo); e Neorretranca e Posmorriña, do Centro Dramático Galego, figura nas nominacións á mellor actriz secundaria (Raquel Espada), escenografía (Marta Pazos) e vestiario (Saturna). 

O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia, aspira ao galardón á mellor dirección (María Peinado) e adaptación-tradución (María Peinado); Karelu, dos Náufragos, aparece na categoría a mellor actor protagonista (Denis Gómez); Idiota, de Redrum Teatro, tamén a mellor actor protagonista (Machi Salgado); e A compañeira de piso, de Contraproducións e o Centro Dramático Galego, figura no apartado da mellor actriz protagonista (Patricia Vázquez). 

Lambetadas, de Talía Teatro, Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Teatro Avento Producións, e Cartoóns, de Producións Teatráis Excéntricas, optan a mellor espectáculo infantil. 

'Liberto', 'Bernarda' e 'Fariña' encabezan as nominacións aos María...
Comentarios