María Jiménez experimenta unha lixeira melloría, pero segue grave

A cantante continúa baixo ventilación mecánica na Uci da clínica San Rafael de Cádiz

María Jiménez. INSTAGRAM
photo_camera María Jiménez. INSTAGRAM

A cantante María Jiménez experimentou unha lixeira melloría nas últimas horas, pero permanece en estado grave na Uci da clínica San Rafael de Cádiz, segundo indicaron fontes próximas á artista. O último parte médico sobre a evolución do estado de saúde da cantante sinala que continúa baixo ventilación mecánica, estable e con prognóstico grave.

María Jiménez foi operada neste centro o pasado 2 de maio dunha obstrución intestinal. Aínda que nun principio a súa evolución foi favorable, posteriormente sufriu algunhas complicacións.

Desde entón a cantante está na Uci con prognóstico grave, aínda que nas últimas horas experimentou unha lixeira melloría.

 
 
 
 
<>
 
 
 
 
 
 
 
 
 

COMUNICADO #mariajimenez #comunicado<>

Unha publicación compartida da Maria Jiménez Oficialmariajimenezoficial)> o 21 May, 2019 ás 7:08 PDT

Nacida o 3 de febreiro de 1950 no barrio sevillano de Triana, María Jiménez vive desde hai anos na localidade gaditana de Chiclana de la Frontera (Cádiz).

Comentarios