Michael Bublé deixa a música

O 'crooner' canadense quere centrarse na súa familia

Michael Bublé. EP
photo_camera Michael Bublé. EP

Michael Bublé anunciou que pon punto e final á súa carreira musical para centrarse no coidado da súa familia.

O cantante abandonou temporalmente a súa carreira cando ao seu fillo Noah lle detectaron un cancro de fígado con tan só cinco anos. Cando o pequeno se recuperou, Bublé regresou aos escenarios, pero só foi cuestión de meses que o artista canadense decida retirarse para sempre da música. 

"Decidín que nunca volverei ler o meu nome en forma impresa, que nunca lerei unha reseña e que nunca volverei usar as redes sociais", declarou nunha entrevista a Weekend, na que asegurou que a súa familia é a súa prioridade. 

O crooner despídese cun último traballo, Love, que se publicará o próximo 16 de novembro. "Sentín unha débeda de gratitude, máis profunda do que podo explicar, cos millóns de persoas ao redor do mundo que oraron por nós e mostráronnos compaixón. Iso deume fe na humanidade", explicou Bublé. 

Comentarios