Morre o actor Luke Perry aos 52 anos

O intérprete, coñecido polo seu papel na serie Sensanción de vivir, sufriu un derrame cerebral a semana pasada

Luke Perry, en una imagen de archivo. DAVID MAUNG
photo_camera Luke Perry, nunha imaxe de arquivo. DAVID MAUNG

Luke Perry, coñecido por interpretar a Dylan na mítica serie Sensación de vivir, faleceu este luns 4 de febreiro como consecuencia dun derrame cerebral que sufriu a semana anterior. O intérprete fora hospitalizado en Los Ángeles e permanecía en estado de observación, con prognóstico reservado. 

O Departamento de Bombeiros de Los Ángeles recibiu o pasado mércores unha chamada de urxencia dunha "solicitude médica non especificada". O representante de Perry confirmaba que o actor "estaba baixo observación no hospital".

Ademais de Sensación de vivir, Luke Perry, de 52 anos, é coñecido por interpretar a Fred, o pai de Archie (KJ Apa) na serie Riverdale, de The CW. Entre as súas outros traballos coñecido están películas como a cinta orixinal de Buffy, a cazavampiros (1992) 8 segundos (1994) e O quinto elemento (1997). 

A semana pasada Fox anunciara o regreso da ficción que lle deu popularidade, Sensación de vivir, con parte da repartición orixinal da serie, entre os que non estaba Luke Perry.