Morre Keith Flint, cantante de The Prodigy, aos 49 anos

O seu corpo sen vida foi atopado na súa casa da localidade inglesa de Dumnow

Keith Flint. JOSE SENA GOULAO (EFE)
photo_camera Keith Flint. JOSE SENA GOULAO (EFE)

O cantante de The Prodigy, Keith Flint, morreu este luns aos 49 anos. O seu corpo sen vida foi atopado na súa casa da localidade inglesa de Dumnow (Essex).

Segundo informan diarios británicos como The Independent e Metro, a policía está aínda no lugar dos feitos, aínda que a súa morte non se está tratando como sospeitosa.

"Recibimos unha chamada preocupada polo benestar dun home nunha dirección en Brook Hill a iso das 8.10 da mañá", relata un portavoz da policía de Essex a The Sun.

"Ao chegar, un home de 49 anos foi declarado morto no lugar. Os seus familiares foron informados", engadiu este mesmo portavoz.

Comentarios