'Paquita Salas' atrévese a retar ao Mundial de Rusia

O próximo 29 de xuño estréase a segunda tempada da serie protagonizada por Brays Efe

Las protagonistas de 'Paquita Salas'. INSTAGRAM
photo_camera As protagonistas de 'Paquita Salas'. INSTAGRAM

Desde que comezou o Mundial de Rusia o 14 de xuño as novidades escasean nas grellas, pero a irreverente Paquita Salas está disposta a plantarlle cara coa estrea da súa segunda tempada en Netflix.

A plataforma de entretemento de pago trae o 29 de xuño a segunda tempada de Paquita Salas, na que esta representante de artistas e propietaria de PS Management buscará novos clientes tras a perda das súas actrices máis importantes, Macarena García e Mariona Terés, que desencadea unha crise económica que a levará a descender aos infernos para atoparse consigo mesma e buscar a raíz dos seus problemas

A serie, producida por Apache Films e escrita e dirixida por Javier Ambrossi e Javier Calvo, "os Javis", repetirá protagonistas: Brays Efe (Paquita Salas), Belén Cuesta (Magüi), Lidia San José (como Lidia San José), Álex de Lucas (Álex) e Mariona Terés (como Mariona Terés), aos que se incorporan Anna Castillo (Belén de Lucas) e Yolanda Ramos (Noemí Argüelles).

Ademais de contar con secundarios como Andrés Pajares (Paco Sardeña) e Secun de la Rosa (Fernando Canelón), que xa traballaron na primeira tempada, Ana Obregón ou Pepa Charro 'La Terremoto de Alcorcón' participarán tamén nunha serie que contará con colaboracións especiais como as de Roi e Alfred de OT.

Comentarios