Pau Donés deixa os escenarios temporalmente para dedicarse á súa familia

O concerto deste martes de Jarabe de Palo será un dos seus últimos shows, polo momento

Pau Donés. SUSANNA SÁEZ (EFE)
photo_camera Pau Donés. SUSANNA SÁEZ (EFE)

O líder da banda española Jarabe de Palo, Pau Donés, anunciou que a actuación que ofrecerá este martes no festival de Cap Roig será unha das últimas do grupo antes de parar a súa actividade profesional temporalmente para centrarse na súa vida persoal.

Segundo informa o cantante na súa conta de Twitter, a actual xira na que se atopa inmerso e que o leva este martes a Calella de Palafrugell (Xirona) concluirá o próximo 1 de xaneiro.

Pau Donés xustifica a decisión no seu desexo de estar máis tempo coa súa filla, de 14 anos, e gozar da vida familiar, e detalla que, para facelo, trasladarase a vivir fóra de España, aínda que sen precisar o lugar.

De todos os xeitos, Donés insiste en que en ningún momento se propón deixar a música, pero que tampouco regresará nun breve período de tempo.

Antes deste parón, Jarabe de Palo afrontará a publicación dun libro sobre as letras das súas cancións e gravará un disco coa Orquestra Filarmónica de Costa Rica.

Comentarios