Sabela, nominada para abandonar 'OT'

Os concursantes desta edición farán unha xira que empezará en febreiro en Madrid

Sabela Ramil. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)
photo_camera Sabela Ramil. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)

Sabela Ramil xogarase a súa continuidade en Operación Triunfo 2018 a próxima semana tras ser nominada polo xurado na gala 10 do programa.

A concursante galega cantou Te necesito, de Amaral. Os cambios que Sabela fixo á canción ao longo da semana non gustaron ao xurado, que a propuxeron para abandonar a academia. "Cremos que os cambios non foron ao teu favor. Hoxe non te vin como outras veces, non brillaron como noutras ocasións. Vocalmente estiveches moi ben pero non emocionaches", dixo Ana Torroja.

Antes da súa actuación, a pontesa falou co presentador de OT, Roberto Leal, do moito que estraña falar en galego e ambos recordaron o famoso sapoconcho de Roi na edición anterior.

A concursante expulsada na gala 10 foi María, ao conseguir a salvación Marta co 57% dos votos do público.

O xurado, ademais da Sabela, nominou a Miki, Marta e Alba. Esta última salvouse grazas ao apoio dos profesores da academia mentres que os compañeiros escolleron para continuar no programa ao concursante catalán.

A XIRA DE OT 2018 EMPEZARÁ EN FEBREIRO. Os concursantes de OT 2018 terán a súa propia xira, como a anterior edición do concurso, segundo anunciou este mércores Roberto Leal. O tour empezará o 8 de febreiro de 2019 no WiZink Center de Madrid.

Segundo anunciou a páxina web de RTVE, as entradas da xira sairán á venda este venres, 30 de novembro, ás 10.00 horas.

O tour, que arrincará en Madrid, pasará por Pamplona o 3 de maio (Navarra Area), pola Coruña o 24 de maio (Coliseum) e por Barcelona o 31 de maio, no Palau Sant Jordi.

De momento non hai pechadas máis datas e cidades pero "moi pronto se coñecerán novos destinos da xira de OT 2018. A presente edición do reality que finalizará o 19 de decembro, e que presentou este mércores en directo o seu himno, a canción Somos, que reuniu en estudio aos excursantes cos mozos que aínda aspiran a gañar o programa. 

Comentarios