Sabela sálvase e continúa na academia de 'OT'

A concursante pontesa obtivo máis de 70% de votos favorables da audiencia

Sabela, durante la gala de este miércoles. TVE
photo_camera Sabela, durante la gala de este miércoles. TVE

A concursante pontesa de Operación Triunfo 2018, Sabela Ramil, salvouse da expulsión e continúa na famosa academia televisiva.

Ramil, que estaba nomeada xunto a Afonso para abandonar o programa, obtivo o 78% dos votos favorables da audiencia.

A galega cantou na gala 2 de OT o tema Benditas feridas, da monfortina Rosa Cedrón. A súa interpretación cativou non só ao público senón tamén ao xurado. "Gustounos moito que arriscaras coa canción que escolliches (...) Aos que arriscan hai que premialos así que cruzas a pasarela", díxolle Joe Pérez-Orive á das Pontes, que continúa polo menos dúas semanas máis no programa. 
 

NOMINADOS. Esta segunda gala de OT deixou como nominados a África e Dave, despois de que os profesores salvasen a María e os concursantes a Joan.

A favorita da semana, que tiña garantida a súa continuidade na academia polo menos outras dúas semanas grazas aos votos do público, foi Natalia. 

Comentarios