Serrat cancela os próximos seis concertos da súa xira

O cantautor sofre unha larinxitis aguda

Joan Manuel Serrat. JAVIER LIZÓN (EFE)
photo_camera Joan Manuel Serrat. JAVIER LIZÓN (EFE)

Joan Manuel Serrat viuse obrigado a cancelar os próximos seis concertos da súa xira Mediterráneo da capo, que estaban previstos en Sitges (31 de xullo), Torrevieja (2 de agosto), Tarragona (4 de agosto), Porta Ferrada (6 de agosto), Starlite Marbella (8 de agosto) e Xerez (10 de agosto). 

Nun comunicado, Get In Music informa de que "nos próximos días abrirase o prazo de devolución do importe das entradas adquiridas". "O doutor D. Pedro Clarós, otorrinolaringólogo e Médico Consultor do Gran teatro do Liceo, realizou un diagnostico este luns de disfonía por larinxitis aguda e prescribiulle un repouso vocal profesional estrito de dúas semanas tras o cal volverá ser avaliado clinicamente", apunta este comunicado. 

Está previsto que Serrat retome a súa xira Mediterráneo da capo o próximo 8 de setembro en Palma de Mallorca e continúe o calendario de concertos previstos en setembro no noso país. Nos meses de outubro e novembro a xira trasladarase a América e pechará o ano cos concertos programados en Madrid (12 decembro, WiZink Center) e Barcelona (18 e 19 decembro, Auditori do Forum). 

Comentarios