Yung Beef actuará en Cangas este domingo tras o seu veto en O'Marisquiño

O festival vigués prescindiu da súa actuación por un incidente que tivo no Atlantic Fest

Yung Beef. INSTAGRAM (@ricosuaveyatusabe)
photo_camera Yung Beef. INSTAGRAM (\ricosuaveyatusabe)

O pulso entre Yung Beef e O'Marisquiño outra volta de porca tras coñecerse este mércores que o popular trapeiro actuará o domingo en Cangas, contraprogramando o festival vigués, que decidiu prescindir dos seus servizos. 

A polémica comezou cando a organización de O'Marisquiño decidiu cancelar a actuación do granadino despois de que transcendese un vídeo no que agredía a un asistente a un concerto seu no Atlantic Fest da Illa de Arousa. 

O artista non tardou en reaccionar anunciando que daría un concerto gratis en Vigo e emprendeu a súa particular cruzada contra Abel Caballero, ao que acusou de censuralo.

 

Trap life selling bricks N cooking shit<>

Unha publicación compartida da RIP G KALLEricosuaveyatusabe)> o 1 Ago, 2018 ás 6:06 PDT

O último capítulo do enfrontamento escribiuse este mércores, cando a discoteca Clip de Cangas anunciou para este domingo ás 19.00 horas a actuación de Yung Beef, que estará acompañado doutros dous artistas que se borraron do O'Marisquiño en solidariedade con el: MC Buseta e Bea Pelea.

Comentarios