Beitia, bronce nos Xogos de Londres 2012 por sanción á rusa Shkolina

A española, campioa en Río 2016, tamén pasa a ser subcampioa nos Mundiais de Moscova 2013

Ruth Beitia. EP
photo_camera Ruth Beitia. EP

A española Ruth Beitia é oficialmente medalla de bronce en salto de altura nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 pola sanción imposta á rusa Svetlana Shkolina, informou a Federación Española de Atletismo (RFEA).

Segundo esta fonte, o Tribunal de Arbitraxe Deportiva (TAS) anunciou nun laudo que Shkolina -e outros once atletas máis- será desposuída dos seus resultados de forma retroactiva desde o 16 de xullo de 2012 ata o 14 de setembro de 2014.

Polo tanto, Beitia, que foi cuarta no Estadio Olímpico londiniense, faise coa terceira praza.

A española, campioa en Río 2012, tamén pasa a ser subcampioa nos Mundiais de Moscova 2013 despois de pechar o podio tras a rusa e a estadounidense Brigetta Barrett.

A plusmarquista española de salto de altura, xa retirada, convértese na única atleta española medallista olímpica en máis dunha ocasión.

Comentarios