Carvajal: "Lopetegui é o mellor adestrador que tiven"

O lateral do Madrid sorprende ao situar ao extécnico branco por encima de Zidane

Dani Carvajal . KIKO HUESCA (EFE)
photo_camera Dani Carvajal celebra o seu gol anotado ao Xetafe esta mesma tempada. KIKO HUESCA (EFE)

"Para min é o mellor adestrador que tiven, pero lle faltou ese chisco de fortuna connosco". Con estas palabras referiuse Dani Carvajal ao seu xa extécnico Julen Lopetegui nunha entrevista emitida este luns por TVE.

O defensa madridista destaca de Lopetegui "o seu xeito de xestionar o grupo, de estar cos xogadores...", algo que dixo "antes de que fose adestrador do Madrid, agora que xa non está connosco e seguireino dicindo ata que non atope a un mellor que el".

ADESTRADORES. Sorprende sobre todo que Carvajal sitúe ao vasco por encima de Zinedine Zidane, co que gañou tres Champions Leagues seguidas e afianzouse como o mellor lateral dereito do mundo ou, polo menos, como un dos tres top nesta posición.

Ademais deles dous, o defensa branco estivo ás ordes –desde que é profesional– de Alberto Toril (Real Madrid Castela); Sami Hyypiä (Bayer Leverkusen); Carlo Ancelotti Rafa Benítez e Santiago Solari (Real Madrid); e Vicente del Bosque, Fernando Hierro e Luis Enrique (selección española).

REIVINDICACIÓN. Ademais, na mesma entrevista, Carvajal defendeu a un Madrid "que sempre volve", a pesar do delicado momento polo que atravesa o equipo, e do que xa sente "un peso pesado, un dos xogadores importantes".

"O ano pasado criticáronnos por todos os lados e acabámonos levando a Champions", sentenciou. 

Comentarios