Competición abre expediente ao Valladolid, a Borja e a Keko

O Xirona solicita que se investigue o Valladolid-Valencia

Borja Fernández. EFE
photo_camera Borja Fernández. EFE

O Comité de Competición da RFEF decidiu incoar un expediente ao Real Valladolid e aos seus xogadores Borja Fernández, natural de Ourense, e Keko tras recibir o martes pola tarde unha denuncia do Xirona FC, informa a federación.

"Tras analizar a mesma, na que o Xirona solicita o inicio dun procedemento extraordinario contra o citado club e os futbolistas implicados, este órgano competente en materia disciplinaria tomou esta decisión", sinala a RFEF.

Ademais, nomeouse un instrutor que investigará os feitos e elevará unha proposta de resolución ao Comité de Competición.

O Xirona, descendido a LaLiga 1/2/3, solicitou o martes ao Comité de Competición da RFEF a apertura dun expediente polo suposto amaño do partido Valladolid-Valencia.

O club catalán remarca a necesidade de tomar "medidas cautelares a fin de evitar posibles prexuízos ás entidades implicadas" e insiste en que a investigación do caso debería levar a cabo coa maior rapidez posible.

Comentarios